Academia en Santiago de Compostela

Problemas de aprendizaxe? Non entendes unha materia?

Durante a ESO e especialmente o BACHARELATO os alumnos comezan a mostrar problemas de comprensión que acarrexan unha falta de motivación para estudar certas materias, como resultado as notas baixan.

En Aula 14 as nosas profesoras contan con anos de experiencia docente e axudaranche a poñerlle fin a ese círculo vicioso, resolvendo tódalas túas dúbidas de forma que poidas preparar os teus exames de forma progresiva e así mellorar os resultados académicos.

Os nosos temarios personalizados con esquemas, resumos, boletíns de exercicios e exames resoltos teñen como finalidade facilitar a aprendizaxe mediante a comprensión da materia e aumentar a motivación á hora de estudar.

Contamos con grupos reducidos que permiten non só adecuar a clase ó nivel do alumno senón tamén realizar un seguimento personalizado e contínuo dos seus progresos.

Podes preparar tódalas materias ou só aquelas nas que necesites reforzo.

Se deixaches de estudar e queres sácar a ESO ou o BACHARELATO axudámosche a preparar:

A proba para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (se tes máis de 18 anos).

A proba para a obtención do título de Bacharelato (se es maior de 20 anos). Porque nunca é tarde para volver a inténtalo,
orientarémoste para vela vía que mellor se axuste ás túas necesidades.