Categorías

CAMBIOS NO EXAME DE HISTORIA DE ESPAÑA

27/11/2018· ABAU

O ano pasado a materia de Historia de España foi unha das que sufriu cambios no temario, engadindo o século XVIII, e ademais contou con modificacións no modelo de exame para a ABAU. O novo exame pasou de constar só de  documentos para realizar un comentario a ter tres partes:
      • Unha primeira pregunta de definicións (podían ser definicións de calquera dos tres séculos).
      • Unha segunda pregunta teórica sobre algún aspecto concreto do temario.
      • Unha terceira con tres documentos a comentar.


Este modelo segue sendo válido este ano pero con algunhas modificacións:
      • Das 6 posibles definicións, haberá que escoller catro. Éstas calificáranse con 2 puntos (0.5 por definición). Tres destas definicións serán do período contemporáneo (1 do s.XIX e 2 do s.XX) e as outras tres de calquera dos períodos do  temario.
      • A pregunta teórica, pode versar sobre calquera apartado dende a Prehistoria ata o século XVIII.
Darán 3 posibles preguntas das que haberá que escoller unha que recibirá unha puntuación de 3 puntos.
      • Os documentos a comentar só conterán acontecementos do período contemporáneo, de maneira que o século XIX se limite á opción A e o XX á B. Ésta segue sendo a parte máis importante do exame e ten unha puntuación de 5 puntos.

Xa hai uns cantos anos que corrían rumores sobre a materia de Historia de España e este ano, unha vez xa comezado o curso, a Ciug confirmounos. Este ano o temario vólvese incrementar pero de maneira máis sustancial que o ano pasado. Agora hai que estudar dende o Neolítico ata a actualidade. Aínda así, como xa se mencionou antes, estudando o século XIX ou o XX, como ata o de agora, podemos chegar a obter 6 puntos (entre o comentario e as definicións). Ademais todo o temario novo que foi engadido dáse de maneira moito máis resumida.

En Aula 14 axudámosche a preparar tanto o comentario como as definicións e a pregunta de teoría de forma que obteñas a máxima puntuación no exame, cuxo temario completo ahora consiste no seguinte:  

Bloque 1: Prehistoria&HistoriaAntiga
1. O Neolítico: características e cambios conrespecto á época Paleolítica (cambioseconómicos, sociais e culturais).
2. Os pobos prerromanos da Península Ibérica (pobos do sur e do levante,meseteños e do occidente peninsular). 

3. Conquista e romanización (etapas da conquista, elementos de romanización: organización político-administrativa do territorio, lingua e cultura, obras públicas).     

4. A monarquía visigoda (organización política).

Bloque 2: Historia Medieval
5. Os musulmáns na Península Ibérica (etapas políticas e realidade socioeconómica).
6. Reconquista e repoboación (etapas da Reconquista, modelos de repoboación).
7. O Réxime feudal e a sociedade estamental.
8. As crises baixomedievais (crises demográficas, problemas sociais, o caso galego: as revoltas irmandiñas do século XV).


Bloque 3: Séculos XVI-XVII
9. A nova monarquía dos Reis Católicos (unión dinástica, reorganización político-administrativa).
10. A configuración do imperio español no século XVI (a herdanza de Carlos I, os cambios en tempos de Felipe II: rebelión de Flandes, incorporación de Portugal, guerra contra Inglaterra).
11. A crise socio-económica do século XVII (a crise demográfica, o deterioro da economía, os problemas da facenda real).
12. O valimento do conde-duque de Olivares e a crise da monarquía (os proxectos de reforma, as revoltas de Cataluña e Portugal).                                   

13. Economía e sociedade na Galicia dos Austrias (a agricultura e as súas transformacións, a importancia da pesca na Galicia litoral, a estrutura social: sociedade rendista e peso da fidalguía)

Bloque 4: Século XVIII
14. O cambio dinástico e a guerra de Sucesión (causas da guerra, bandos en conflito, a paz de Utrecht).
15. Os Decretos de Nova Planta e os seus efectos.
16. O reformismo borbónico en Galicia (a matrícula de mar, o arsenal de Ferrol, a apertura do comercio colonial).
17. As ideas fundamentais do pensamento ilustrado.

Bloques 5-8: Século XIX (só entra para facer comentario de documentos)
1. A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica).
2. As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812.
3. A restauración de Fernando VII e do absolutismo (as etapas do reinado).
4. A construción do estado liberal (principios do liberalismo e diferenzas entre as diferentes familias políticas).
5. A Revolución Gloriosa e a constitución de 1869.
6. A primeira república (proxecto de constitución federal e cantonalismo).
7. A Restauración (retorno da monarquía e constitución de 1876).
8. A vida política da Restauración (quenda, caciquismo e fraude electoral).
9. A cuestión nacional no último terzo do século XIX.
10. A reforma agraria liberal: as desamortizacións
11. Os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril.
12. O movemento obreiro (Sexenio Democrático e Restauración) .

Bloques 9-12: Século XX (só entra para facer comentario de documentos)
13. A crise da Restauración, a desarticulación do sistema canovista).
14. A crise de 1917, os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos.
15. A ditadura de Primo de Rivera (golpe de estado e etapas: delimitación temporal e características principais).
16. O establecemento da II República (forzas políticas e constitución de 1931).
17. As grandes reformas da República.
18. A guerra civil: sublevación, bandos en conflito e a súa dimensión internacional.
19. O franquismo: características e institucionalización.
20. O franquismo: as formas de oposición ao Réxime.
21. O franquismo: política económica
22. A agonía do franquismo e os inicios da Transición.
23. As primeiras eleccións democráticas e a constitución de 1978.
24. A crise da UCD e o golpe de estado
25. A consolidación da democracia: os gobernos do PSOE.