Aula 14 centro de estudios en Santiago de Compostela
Academia en Santiago de Compostela

Acceder á universidade nunca foi tan fácil

Acceder á universidade e poder estudar unha carreira que che permita desenrolar un labor profesional nunha área de interese e mellorar as túas perspectivas de futuro é algo que non ten idade.

O noso obxectivo é axudar ós nosos alumnos a acadalos seus propios, e para iso o noso servizo de orientación busca a opción máis sinxela e que mellor se adapte a cada un deles.

En Aula 14 non nos preocupa a base que teñas nin o tempo que transcorrese dende que abandoaches os estudos porque as nosas clases adecúanse ó nivel do alumno axudándonos de temarios propios orientados ás distintas probas de acceso, múltiples simulacións que fan posible a familiarización co exame e especialmente contamos con anos de experiencia no sector educativo.

En Aula 14 axudamos a preparar a Proba de Acceso á Universidade a :
Estudantes de 2º de bacharelato.
Estudantes de Ciclo Superior de Formación Profesional que desexen acceder realizando a parte específica.
Maiores de 25 anos, que non teñan o Bacharelato ou equivalente.
Maiores de 45 anos, que non posúan ninguna titulación académica que os habilite para acceder á universidade por outras vías.