Aula 14 centro de estudios en Santiago de Compostela
Academia en Santiago de Compostela

Estuda formación profesional

Se non terminaches a ESO e che gustaría seguir a túa formación dunha maneira máis práctica para cualificarte profesionalmente, podes acceder a un ciclo medio de formación profesional mediante a superación dunha proba de acceso, se tes máis de 17 anos ou os vas cumplir no ano da realización da proba.

Se o teu problema é que non conseguiches remátalo Bacharelato pero queres acceder a un Ciclo Superior de Formación Profesional, entón só tes que presentarte e aprobar unha proba de acceso, a condición de que teñas 19 anos no ano da realización da proba.

En Aula 14 contamos con profesionais docentes que durante anos lograron que os seus alumnos deran un xiro á súa vida, superando estas probas de nivel e accedendo a unha formación máis práctica e cercana ó mundo laboral, para iso contamos con:
- Temarios personalizados específicos para a preparación das distintas probas.
- Múltiples simulacións de exames reais.
- Grupos reducidos e homoxéneos onde a clase se adecúa ó nivel do alumno a través de explicacións sinxelas.