Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Novedades de Aula 14

Aberta a matrícula libre na EOI para a certificación dos niveis de A2 - C1

Publicado: 17 de marzo de 2019, 17:48
  1. INGLÉS

Aberto o prazo de matrícula libre na EOI para a certificación dos niveis de A2, B1, B2 y C1 dende o 13 de Marzo as 9h ata o 2 de Abril as 12h. 

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que ofrece a EOI de Santiago de Compostela.

CONSIDERACIÓNS PREVIAS:

  • as restriccións de idade para a matrícula libre son as mesmas que para os estudos oficiais: é preciso ter 16 anos (cumpridos no ano natural de celebración das probas) para concorrer a probas; o alumnado de 14 e 15 anos só poderá concorrer ás probas de idiomas diferentes á súa 1ª lingua estranxeira na ESO.
  • non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado nun anterior plan de estudos de EOI.
  • non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior.
  • non hai límite de convocatorias en modalidade libre.
  • a diferenza da oficial, a modalidade libre só permite un único exame en xuño.

PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NA MODALIDADE LIBRE:

O procedemento para para matricularse nas probas de certificación en modalidade libre é como segue:

  • Acceder a esta ligazón https://www.informaticacentros.com/xunta/ e matricularse nas probas de certificación dos idiomas e niveis que lle interesen.
  • Pagar as taxas (consulte aquí http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/node/29/#procedemento_taxas como proceder ao pago das taxas; é posible que a aplicación de matrícula lle ofreza automáticamente vías para efectuar o pago).
  • Formalizar a súa matrícula presentando a documentación dentro do prazo establecido na secretaría do centro ou nas seccións respectivas (Noia, Ordes, e Ribeira; o alumnado de Negreira debe formalizar a súa matícula en Vite) (consulte aquí o horario de atención da secretaría en Vite). 

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA LIBRE:

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá presentar no prazo indicado:

  • resgardo de matrícula libre que emite a aplicación en-liña (emite 2 copias automaticamente)
  • comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas
  • menores de 16 anos: certificado do seu centro indicando a súa 1ª lingua na ESO
  • orixinal e copia do xustificante do dereito á exención de taxas, de ser o caso (minusvalía, familia numerosa, profesorado en activo da Consellería, etc.)
  • alumnado CALC: documento de realización do curso emitido polo CFR

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:

  • sobre de expediente e carnet escolar, debidamente cumprimentados (recóllense na conserxería)
  • orixinal e fotocopia do DNI/NIE
  • 2 fotos carnet

CALENDARIO

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoidesantiago/calendario

Probas escritas
O calendario final de probas elaborarao o centro unha vez a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas Especiais publique as datas oficiais das Probas de Certificación.  As datas das probas son inamovibles.

Probas de expresión oral
O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente, e poderá celebrarse con anterioridade ou posterioridade á proba escrita. O feito de que haxa máis dun día para a realización de ditas probas non implica que o alumnado poida elixir o día e hora na que se vaia presentar. Polo tanto, todo alumno/a deberá consultar as convocatorias oficiais das probas de expresión oral.

Modelos de probas
Nesta ligazón http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2018.06.10_modelos_probas_eoi_galicia.pdf pode acceder a modelos de probas de certificación das EOI de Galicia.

 

Noticias relacionadas

CAMBIOS EN EL PRELIMINARY ENGLISH TEST B1 2020 19 feb

CAMBIOS EN EL PRELIMINARY ENGLISH TEST B1 2020

19/02/2020 INGLÉS
CAMBIOS PET 2020 Se han producido cambios importantes en el examen del PET a partir de Enero del 2020. El examen tendrá 4 partes, porque el Reading y el Writing se harán por separado, el tiempo para ambos será de 45 minutos para cada parte. El Speaking y el Listening, que conservan el mismo
Oxford Test of English 14 abr

Oxford Test of English

14/04/2019 INGLÉS
Si quieres certificar hasta un nivel B2, hay un nuevo examen que permite hacerlo, el Oxford Test of English. En este post, te contamos en qué consiste.  Reconocimiento:  Es un examen reconocido externamente por instituciones educativas y está certificado por la Universidad de Oxford, una de las
Aptis ó B1 USC ¿Qué hago? 21 nov

Aptis ó B1 USC ¿Qué hago?

21/11/2018 INGLÉS
Si tienes que certificar el nivel de inglés puedes hacerlo de diferentes formas, la mayoría de los alumnos de la USC recurren a estas dos opciones puesto que son las más económicas. En qué se diferencian. El examen Aptis, es un examen oficial que organiza el British Council y consta de varias
Acreditar nivel B1 o superior en la USC 31 jul

Acreditar nivel B1 o superior en la USC

31/07/2018 INGLÉS
En Aula 14 ayudamos a nuestros alumnos a superar las pruebas de competencia lingüística en  inglés necesarias para graduarse en la USC. Para ello realizamos numerosas simulaciones de exámenes y clases prácticas donde, además de la gramática, trabajamos los tan temidos listening y speaking de manera

Contacta con nosotros

No dudes en ponerte en contacto con nosotros si necesitas reforzar tu aprendizaje. Consulta sin ningún tipo de compromiso nuestras tarifas y nuestros horarios, te ayudaremos en todo lo que podamos. Lo más importante para nosotros es la confianza que nuestros alumnos depositan en nosotros, por ello, queremos que seas uno más.