Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Novedades de Aula 14

Temas

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020.

02/03/2020 · ESO

Condicións das persoas aspirantes.

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2019/20 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2019/20 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 

Forma, lugar e prazos de presentación.

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 16 ao 27 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

 

As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos, en Santiago de Compostela:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

 – Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»: IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

Ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ed540a-g.pdf.

 

Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.

b) Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de que se solicite a exención de lingua galega.

c) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

 

Exención de lingua galega

Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria, acreditando a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro.

A concesión ou a denegación da exención, farase pública cando se publiquen as listas provisionais de admitidos.

 

Realización das probas

As probas constarán de tres partes, e celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 29 de maio e 4 de setembro de 2020 para as respectivas convocatorias.

 

A sesión da mañá terá dúas partes:

Na primeira, das 9.30 horas ás 12.00 horas, realizarase a proba do ámbito científico-tecnolóxico, que inclúe exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física.

 

Na segunda parte, das 12.15 horas ás 13.15 horas, realizarase a proba do ámbito social, que inclúe exercicios das materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación a Actividade Emprendedora Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

 

Na sesión da tarde, das 16.00 horas ás 19.00 horas, realizarase a proba do ámbito da comunicación. Comprenderá os exercicios de:

a) Lingua Galega e Literatura: Que versará sobre Cuestións de Lingua Galega e Literatura e tamén un exercicio de redacción no que se terá en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, o dominio da ortografía e a presentación do escrito.

b) Lingua Castelá e Literatura. Constará de un exercicio de redacción e cuestións de Lingua Castelá e Literatura.

c) Lingua estranxeira (Inglés ou Francés).

 

Escala de cualificación:  

A cualificación de cada ámbito outorgarase consonte a seguinte escala:

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020. - Imagen 1

Científico tecnolóxico.

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020. - Imagen 2

Comunicación.

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020. - Imagen 3

Social.

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020. - Imagen 4

Cualificación global da proba.

Os días 11 de xuño e 10 de setembro de 2020, no enderezo web http://www.edu.xunta.gal farase pública a listaxe de cualificacións provisionais de cada unha das convocatorias.

¡Compártelo!

Contacta con nosotros

No dudes en ponerte en contacto con nosotros si necesitas reforzar tu aprendizaje. Consulta sin ningún tipo de compromiso nuestras tarifas y nuestros horarios, te ayudaremos en todo lo que podamos. Lo más importante para nosotros es la confianza que nuestros alumnos depositan en nosotros, por ello, queremos que seas uno más.