Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Novedades de Aula 14

Temas

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A FP PARA O ANO 2020

05/02/2020 · ACCESO FP

Publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

CICLO SUPERIOR:  entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos

CICLO MEDIO:  entre o 2 e o 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

 

REQUISITOS DE INSCRIPCIÓN:

CICLO SUPERIOR:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior son os seguintes:

  • Título de bacharel establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
  • Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola Orde ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).
  • Título de bacharelato unificado e polivalente establecido na Lei orgánica 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.
  •  Título de técnico superior, de técnico especialista ou equivalente para os efectos académicos.
  • Título de técnico de formación profesional.
  • Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.

 

CICLO MEDIO:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio son os seguintes:

  • Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
  • Título profesional básico.
  • Título de técnico auxiliar de formación profesional.
  • Segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP) rematado ou cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
  • Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
  • Terceiro curso do plan de estudos de 1963 ou segundo curso de comúns experimental das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
  • Outros estudos declarados equivalentes aos anteriores, para efectos académicos.
  • Módulos obrigatorios (módulos profesionais e módulos formativos de carácter xeral) dun programa de cualificación profesional inicial (PCPI) cursados desde o curso 2011- 2012.
  • Calquera dos requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude  dispoñible na aplicación informática «ciclosprobas»  (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 anexo I (código de procedemento ED312C) para ciclo medio.

 anexo II (código de procedemento ED312D) para ciclo superior.

 

Tamén tras cubrir a solicitude a través da aplicación «ciclosprobas» xerarase un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, que a persoa interesada poderá presentar no centro de inscripción xunto coa documentación necesaria que se recolle na páxina 9 (para ciclo medio) e na páxina 18 (para ciclo superior) da orde. https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8571

 

Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de formación profesional no curso 19-20. Recoméndase usar como centro de inscrición o máis próximo ao domicilio habitual, posto que calquera outro trámite posterior á inscrición (por exemplo, consulta de listaxes, presentación de reclamacións, etc.) deberá realizarse exclusivamente no centro de inscrición elixido. Ademais, a sede de exame que se lle asigne será un centro próximo ao devandito centro de inscrición.

 

EXENCIÓNS:

Consultar as exencións totais ou parciais na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8571

Ciclo medio: PÁXINA 12

Ciclo superior:  PAXINA 21

 

DATA E HORA DA CELEBRACIÓN DA PROBA:

CICLO MEDIO

1. As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 28 de maio de 2020 no horario que se indica deseguido:

- Ás 9:00 horas: presentación.

- Das 09:30 ás 13:00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.

- Das 16:00 ás 18:00 horas: parte científico-técnica.

CICLO SUPERIOR.

1. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 23 de abril de 2020 no horario que se indica deseguido:

- Ás 9:00 horas: presentación.

- Das 09:30 ás 13:00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).

- Das 16:00 ás 18:30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder, segundo o anexo VII desta resolución).

 2. As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e a copia da folla da solicitude de inscrición. 

 

ANEXO VII DA CONVOCATORIA

Indica as familias profesionais e ciclos formativos aos que se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 Consultar na páxina 42 na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8571

 

CALENDARIO DA PROBA

https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8572 

 

CONSULTAR OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual 

 

 

¡Compártelo!

Contacta con nosotros

No dudes en ponerte en contacto con nosotros si necesitas reforzar tu aprendizaje. Consulta sin ningún tipo de compromiso nuestras tarifas y nuestros horarios, te ayudaremos en todo lo que podamos. Lo más importante para nosotros es la confianza que nuestros alumnos depositan en nosotros, por ello, queremos que seas uno más.