Noticias de Aula 14

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A FP PARA O ANO 2019

Publicado: 28 de enero de 2019, 09:37
  1. ACCESO FP

Publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

CICLO SUPERIOR:  Do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019.

CICLO MEDIO:  do 7 ao 22 de marzo de 2019.

 

REQUISITOS DE INSCRIPCIÓN:

CICLO SUPERIOR:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior son os seguintes:

  • Título de bacharel establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
  • Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola Orde ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).
  • Título de bacharelato unificado e polivalente establecido na Lei orgánica 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa.
  •  Título de técnico superior, de técnico especialista ou equivalente para os efectos académicos.
  • Título de técnico de formación profesional.
  • Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.

 

CICLO MEDIO:

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio son os seguintes:

  • Título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
  • Título profesional básico.
  • Título de técnico auxiliar de formación profesional.
  • Segundo curso do bacharelato unificado e polivalente (BUP) rematado ou cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos.
  • Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
  • Terceiro curso do plan de estudos de 1963 ou segundo curso de comúns experimental das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
  • Outros estudos declarados equivalentes aos anteriores, para efectos académicos.
  • Módulos obrigatorios (módulos profesionais e módulos formativos de carácter xeral) dun programa de cualificación profesional inicial (PCPI) cursados desde o curso 2011- 2012.
  • Calquera dos requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE

As solicitudes poderanse realizar de xeito telemático desde o epígrafe “Solicitude de inscrición telemática” que figura na páxina http://www.edu.xunta.es/fp/probas, no menú:

 “Acceso a grao medio”, en “Convocatoria 2019”.

“Acceso a grao superior”, en “Convocatoria 2019”.

A aplicación informática, que incorpora un asistente que facilita o proceso, xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia.

Opcionalmente, pódese optar por cubrir o formulario normalizado en pantalla (anexo I), imprimilo e presentalo nun centro de inscrición xunto coa documentación necesaria. O formulario normalizado está dispoñible en:

http://www.edu.xunta.es/fp/ – Sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es

(para acceso a grao medio, o código de procedemento é ED312C)

(para acceso a grao superior, o código de procedemento é ED312D)

 Considérase centro de inscrición calquera centro público dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con oferta de formación profesional. Recoméndase usar como centro de inscrición o máis próximo ao domicilio habitual, posto que calquera outro trámite posterior á inscrición (por exemplo, consulta de listaxes, presentación de reclamacións, etc.) deberá realizarse exclusivamente no centro de inscrición elixido. Ademais, a sede de exame que se lle asigne será un centro próximo ao devandito centro de inscrición.

 

EXENCIÓNS:

Consultar as exencións totais ou parciais na orde do 22 de Xaneiro do 2018 ou na páxina 7 das seguintes ligazóns:

Ciclo medio: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7937

Ciclo superior: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7938

 

DATA E HORA DA CELEBRACIÓN DA PROBA:

CICLO MEDIO

O día 7 de maio farase público o lugar ou os lugares onde se realizarán as probas. Esta listaxe publicarase nos centros de inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

 

A proba realizarase o 28 de maio de 2019, no seguinte horario:

  • Presentación: ás 9:00 horas.
  • Partes matemática e sociolingüística da proba: Das 10:00 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).
  • Parte científico-técnica da proba: Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía).

 

CICLO SUPERIOR

O día 15 de marzo farase público o lugar ou os lugares onde se realizarán as probas. Esta listaxe publicarase nos centros de inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp

 

A proba realizarase o 10 de abril de 2019, no seguinte horario:

  • Presentación: ás 9:00 horas.
  • Parte común da proba: Das 10:00 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
  • Parte específica da proba: Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias específicas da opción escollida).

 

ANEXO VII DA CONVOCATORIA

Indica as familias profesionais e ciclos formativos aos que se pode acceder segundo a opción da parte específica da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior.

 Consultar na ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7938 (páxina 16)

 

CALENDARIO DA PROBA

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7922

 

CONSULTAR OUTRA INFORMACIÓN IMPORTANTE NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 

 

Noticias relacionadas

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A FP PARA O ANO 2020 5 feb

CONVOCADAS AS PROBAS DE ACCESO A FP PARA O ANO 2020

05/02/2020 ACCESO FP
Publicouse a Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020.   PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: CICLO SUPERIOR:  entre os días 10 e 19 de febreiro de 2020,
Convocadas pruebas de acceso a FP medio y superior en Andalucía 7 abr

Convocadas pruebas de acceso a FP medio y superior en Andalucía

07/04/2019 ACCESO FP
Se han convocado las pruebas de acceso a FP medio y superior en Andalucía, igual que todos los años habrá dos convocatorias, una ordinaria en el mes de Junio, y otra de carácter extraordinario en el de Septiembre.  Los plazos de solicitud para participar en ellas son los siguientes: Convocatoria
Convocadas pruebas de acceso a FP medio y superior en Canarias. 17 mar

Convocadas pruebas de acceso a FP medio y superior en Canarias.

17/03/2019 ACCESO FP
Se ha publicado la Resolución de 15 de febrero de 2019, por la que se convocan las pruebas de acceso a los ciclos formativos de grado medio y grado superior de Formación Profesional, enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño y enseñanzas Deportivas de régimen especial, correspondientes
CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020. 2 mar

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA NO ANO 2020.

02/03/2020 ESO
Condicións das persoas aspirantes. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos: 1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba. 2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria. 3. Non estaren nin teren