Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Clases particulares para ESO e Bacharelato en Aula 14

Problemas de aprendizaxe? Non entendes algunha materia?

Durante a ESO e especialmente o Bacharelato é moi habitual que os alumnos empecen a mostrar problemas na comprensión de diversos conceptos ou materias. Este fenómeno xeralmente conduce á desmotivación e a certas dificultades para estudar, obtendo como resultado unha baixada de notas ou incluso o suspenso. É importante ofrecer un apoio extra aos alumnos que o necesiten, para que así a súa aprendizaxe siga avanzando correctamente fixando os conceptos clave e evitando o estancamento nos estudos.

En Aula 14, en Santiago de Compostela, as nosas profesoras, que contan cunha ampla experiencia na docencia, axudaranche a poñer fin a este círculo vicioso no campo dos estudos. Con esta finalidade resolveremos todas as túas dúbidas para que poidas preparar os teus exames de forma axeitada e así mellorar os resultados académicos. Sempre nos adaptamos ás necesidades de cada alumno para axudalo no que necesite.

Temarios personalizados e grupos reducidos

Clases particulares para ESO y Bachillerato

Proporcionamos os nosos temarios personalizados con esquemas, resumos, boletíns de exercicios e exemplos de exames resoltos que teñen como finalidade facilitar a aprendizaxe mediante a comprensión da materia e aumentar a motivación á hora de estudar.

Os nosos grupos son reducidos, o que permite non só adecuar a clase ao nivel do alumno, senón tamén realizar un seguimento personalizado e continuo dos seus progresos. Sempre apostamos por esta forma de traballo moito máis personalizada e que permite unha maior atención a cada alumno en particular e con iso unha mellor aprendizaxe pola súa banda

Podes preparar todas as materias ou só aquelas nas que necesites reforzo, nós ofrecemos apoio en todas as materias. Se deixaches de estudar e queres sacar a ESO ou o Bacharelato axudámosche a preparar:

  • A proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (se tes máis de 18 anos)
  • A proba para a obtención do título de bacharelato (se es maior de 20 anos)

En Aula 14, cremos fielmente que nunca é tarde para volver tentalo. Por iso orientámoste para escoller a vía que mellor se axusta ás túas necesidades e axudámosche en todo o que está nas nosas mans.

Contacta connosco

Non dubides en poñerte en contacto connosco se necesitas reforzar a túa aprendizaxe. Consulta sen ningún tipo de compromiso as nosas tarifas e os nosos horarios, axudarémosche en todo o que podamos. O máis importante para nós é a confianza que os nosos alumnos depositan en nós, por iso, queremos que sexas un máis.