Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Preparación de exames Cambridge en Santiago - Aula 14

Necesitas o PET (B1) para graduarte?

Queres preparar o First ( B2) para mellorar as túas perspectivas de traballo?

Durante anos, o profesorado bilingüe de Aula 14 leva axudando aos nosos alumnos para conseguilo. Cada día cobra máis importancia o dominio dos idiomas, sobre todo o inglés, en numerosos ámbitos, especialmente no mundo laboral. Estamos axudando aos nosos alumnos a obter un nivel de B1, obrigatorio en case todas as titulacións para obter o seu título universitario.

Os nosos cursos do B1 parten dun nivel básico, pero pronto deixarás de chapurrear o inglés e estarás a facer oracións completas que che permitirán non só aprobar o teu exame senón ser capaz de comunicarte cando realices unha viaxe ao estranxeiro e manter unha conversación fluída neste idioma.

Co B2 axudámosvos a alcanzar un nivel intermedio alto e así demostrar que se pode utilizar o inglés de forma cotiá tanto escrito como falado con fins laborais ou educativos.

Para iso poñemos á túa disposición os medios necesarios:

  • Temarios propios adaptados ao teu nivel de inglés
  • Grupos reducidos e homoxéneos
  • Simulacións de exames reais

Perde o medo ao inglés e mellórao connosco

Exámenes Cambridge en Santiago

En Aula 14, academia en Santiago de Compostela, axudamos a persoas de todas as idades a mellorar o seu inglés, independentemente do nivel de partida, impartimos clases desde cero ata altos niveis. Os exames de Cambridge teñen un recoñecemento mundial, polo que son a mellor opción se o alumno desexa viaxar posteriormente ao estranxeiro ou mudarse alí a traballar ou estudar.

Os nosos profesores bilingües axudan a todos os nosos alumnos a perder a vergoña e aumentar a súa soltura. Con clases organizadas en grupos reducidos, axudamos a aumentar a comprensión lectora e auditiva, a ortografía e a soltura á hora de falar. Ademais, realizamos probas de nivel a todos os nosos alumnos antes de empezar co ensino para saber exactamente de que punto partir.

  • A1 - BEGINNER: STARTERS - MOVERS
  • A2 - ELEMENTARY: FLYERS - KET
  • B1 - INTERMEDIATE: PET
  • B2 - UPPER INTERMEDIATE: FCE
  • C1 - ADVANCED: CAE
  • C2 - PROFICIENCY: CPE

Contacta connosco

Non dubides en poñerte en contacto connosco se necesitas reforzar a túa aprendizaxe. Consulta sen ningún tipo de compromiso as nosas tarifas e os nosos horarios, axudarémosche en todo o que podamos. O máis importante para nós é a confianza que os nosos alumnos depositan en nós, por iso, queremos que sexas un máis.