Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Probas de acceso á universidade en Santiago - Aula 14

Acceder á universidade nunca foi tan fácil

Acceder á universidade e estudar unha carreira que che permita desenvolver un labor profesional interesante e deste modo mellorar as túas perspectivas de futuro é algo que non ten idade. En Aula 14 axudamos aos nosos alumnos a preparar e superar con éxito as probas requeridas para o acceso a eses estudos que lles apaixonan.

En Aula 14 non nos preocupa a base que teñas ou o tempo que transcorreu dende os teus últimos estudos, porque as nosas clases adáptanse ao nivel do alumno, con este fin contamos con temarios propios orientados ás distintas probas de acceso e múltiples simulacións que fan posible a familiarización co exame. Contamos con anos de experiencia no sector educativo e somos especialistas na preparación destas probas.

Axudámosche a orientar o teu futuro

Acceder a la universidad

O noso obxectivo principal é axudar aos nosos alumnos para que acaden as súas metas e que logren os seus soños, para iso, o noso servizo de orientación busca a opción máis sinxela e que mellor se adapta a cada un deles. Asesoramos a todos eses alumnos que presentan dúbidas e que non teñen moi claro que é o que queren estudar, a que se queren dedicar ou o que queren facer no seu futuro.

Aínda que non o creamos, todos temos algo que nos gusta e algo que se nos dá ben, só é cuestión de averigualo, espremelo e crer niso, desde Aula 14 apoiamos aos nosos alumnos para que poidan logralo. Ademais, nunca é tarde para empezar a estudar o que realmente che gusta, polo que se tes máis de 25 anos podemos axudarche a acceder á universidade e cumprir os teus soños.

En Aula 14 axudamos a preparar a Proba de Acceso á Universidade a:

  • Estudantes de 2º bacharelato
  • Estudantes de ciclo superior de Formación Profesional que desexan acceder realizando a parte específica
  • Maiores de 25 anos, que non teñan o bacharelato ou equivalente
  • Maiores de 45 anos, que non posúan ningunha titulación académica que os habilite, para acceder á universidade por outras vías

Contacta connosco

Non dubides en poñerte en contacto connosco se necesitas reforzar a túa aprendizaxe. Consulta sen ningún tipo de compromiso as nosas tarifas e os nosos horarios, axudarémosche en todo o que podamos. O máis importante para nós é a confianza que os nosos alumnos depositan en nós, por iso, queremos que sexas un máis.