Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Accede á Formación Profesional que queiras con Aula 14

Estuda formación profesional

Se non terminaches a ESO e gustaríache seguir a túa formación dunha maneira máis práctica para cualificarte profesionalmente, podes acceder a un ciclo medio de formación profesional mediante a superación dunha proba de acceso; o requisito a cumprir e ter 17 anos ou cumplilos no ano de realización da proba.

Se non conseguiches terminar o Bacharelato pero queres acceder a un ciclo superior de formación profesional, entón só tes que presentarte e aprobar unha proba de acceso, a única condición é que teñas 19 anos no ano de realización da proba.

En Aula 14 contamos con profesionais docentes que durante anos lograron que os seus alumnos desen un xiro á súa vida, superando estas probas de nivel e accedendo a unha formación máis práctica e próxima ao mundo laboral, para logralo contamos con:

  • Temarios personalizados específicos para a preparación das distintas probas
  • Múltiples simulacións de exames reais
  • Grupos reducidos e homoxéneos onde a clase se adápta ao nivel do alumno a través de explicacións sinxelas

Axudámosche a superar as probas de acceso

Acceder a FP

Ao rematar a ESO ou o Bacharelato non é necesario seguir coa formación habitual nin co ciclo ESO -Bacharelato - Universidade. Cada vez son máis os alumnos que optan por coller un camiño diferente por diversos motivos e empezan un ciclo medio ou un ciclo superior. Existe unha gran variedade de ciclos especializados en diversas áreas, se estás perdid@, seguro que algún se adapta aos teus gustos.

Moitas son as persoas que se decantan por estudar un ciclo medio ou superior. A formación profesional achega un ensino moi orientado ao mundo laboral, o que proporciona un alto nivel de inserción laboral despois de acabar os estudos. Dende Aula 14 axudamos a todos os nosos alumnos a preparar as respectivas probas de acceso da forma máis didáctica e dinámica posible, para que nunca perdan a ilusión nin as ganas de aprender.

Contacta connosco

Non dubides en poñerte en contacto connosco se necesitas reforzar a túa aprendizaxe. Consulta sen ningún tipo de compromiso as nosas tarifas e os nosos horarios, axudarémosche en todo o que podamos. O máis importante para nós é a confianza que os nosos alumnos depositan en nós, por iso, queremos que sexas un máis.