Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Clases de español para estranxeiros en Santiago - Aula 14

Aprender e perfeccionar idiomas abre portas

Sabemos o complicado que é mudarse a un novo país cun idioma diferente. Santiago de Compostela é unha cidade que acolle a moitos estranxeiros e por iso, na nosa academia Aula 14, impartimos clases de español e de galego para estranxeiros. Empezando polo básico, axudamos a estas persoas a coñecer o noso idioma e a forma axeitada de usalo no día a día.

Se necesitas unha certificación do teu nivel de galego para presentarte a unha oposición á Administración Pública Galega, en Aula 14 contamos cun equipo docente que che pode axudar a alcanzar o teu obxetivo da maneira máis sinxela.

Ademais de persoal altamente cualificado, dispoñemos dos temarios específicos para a preparación das diferentes probas de nivel. Desta forma facilítase a aprendizaxe mediante explicacións claras e sinxelas.

Se por outra banda o que precisas é obter o Diploma de Español como Lingua Estranxeira ( DELE), ou simplemente che gustaría mellorar o teu español, o noso profesorado, axudarache a conseguilo a través de clases tanto teóricas como orais practicando a conversa, e a través da realización de simulacións de exames reais de calquera nivel.

Aprende español ou galego

 Aprende español ou galego

Axudamos a todos os nosos alumnos co español e co galego. Entendemos o complicado que é chegar a un lugar no que non soamente se fala un idioma diferente ao teu, senón dous. En Aula 14 impartimos clases a estranxeiros para que aprendan os nosos idiomas maternos, axundándoos a conseguir certificacións ou diplomas.

Porque a aprendizaxe e perfeccionamento dun idioma abre un mundo cheo de novas oportunidades.

Contacta connosco

Non dubides en poñerte en contacto connosco se necesitas reforzar a túa aprendizaxe. Consulta sen ningún tipo de compromiso as nosas tarifas e os nosos horarios, axudarémosche en todo o que podamos. O máis importante para nós é a confianza que os nosos alumnos depositan en nós, por iso, queremos que sexas un máis.