Academia en Santiago de Compostela
Infórmate: 881 974 769

Tradución de documentos en Santiago de Compostela - Aula 14

Traducimos todo tipo de documentos

Na academia Aula 14, en Santiago de Compostela, dispoñemos dun servizo de tradución de todo tipo de documentos, con docentes bilingües en galego, castelán e inglés e acreditadas para a realización deste servizo. Facemos traducións tanto para particulares como para empresas no menor tempo posible.

Cumprimos sempre os prazos que solicitan os nosos clientes xa que é un ámbito do noso traballo que nos tomamos con total seriedade. Sabemos a importancia da correcta tradución de textos ou documentos de valor, por iso poñemos todos os nosos sentidos en facelo perfecto.

Se queres traducir documentos importantes, textos, apuntamentos... axudarémosche no menor tempo posible. En Aula 14 gústanos que todos os nosos alumnos ou clientes confíen ao máximo en nós, por iso levamos a cabo o noso traballo poñendo todo o noso empeño e utilizando todo o que aprendemos ao longo de moitos anos de aprendizaxe.

Realizamos as seguintes traducións de todo tipo de textos ou documentos:

  • Inglés - Castelán
  • Inglés - Galego
  • Castelán - Inglés
  • Castelán - Galego
  • Galego - Inglés
  • Galego Castelán

Contacta connosco

Non dubides en poñerte en contacto connosco se necesitas reforzar a túa aprendizaxe. Consulta sen ningún tipo de compromiso as nosas tarifas e os nosos horarios, axudarémosche en todo o que podamos. O máis importante para nós é a confianza que os nosos alumnos depositan en nós, por iso, queremos que sexas un máis.